Fragment extret d'aquí
A Indisoluble Unidade da Nación Española é a chave de bóveda do edificio político español. Pero por detrás da aparente fortaleza de tal mandamento, claramente relixioso, tanta insistencia só pode ocultar unha debilidade extrema. A nación española non é indisoluble, a menos que sexa o resultado dunha concepción e creación divina. Franquismo sen máis.
Para o proxecto patriótico español, excluínte e negador por natureza e tradición, a soñada unidade só se garante por imposición. Por iso é máis imposible que indisoluble, sempre sometida a conflito. Calquera unidade estable —nunca indisoluble— só sería posible mediante pacto libre de partes que se recoñecen mutuamente. Dunha banda, España; da outra banda, as outras nacións peninsulares. En pé de igualdade. O resultado sería un estado federal pactado libremente. Mais esa posibilidade non ten acollida dentro do vixente marco xurídico e político. A Constitución Española non a admite porque crebaría a supremacía exclusivista da nación española e a conseguinte subalternidade das outras nacións peninsulares, a base da actual arquitectura estatal. Ora ben, para que calquera pacto federal fose posible entre nacións iguais, a independencia de cada unha delas sería un requisito imprescindible. A fortaleza dun pacto baséase na liberdade das partes. O dereito a decidir é sempre irrenunciable para quen emproe cara á liberdade. Un estado federal só pode ser o resultado dun proceso constituínte protagonizado por nacións independentes. Ou sexa, a independencia é requisito ineludible para calquera solución democrática que traspase os lindes da subalternidade e a negación política, cultural e lingüística.
Para a dereita e o nacionalismo español, a unidade indisoluble da nación española é coma o matrimonio. É Deus quen o alenta e o institúe. Ao seu abeiro, á muller tócalle obedecer e ao home decidir. O divorcio ou outras formas de matrimonio non tradicionais e non patriarcais representan desviacións inaceptables e punibles. Sempre ese pracer morboso no dominio e na subalternidade do outro, do diferente. A negación como realización suprema. Talvez un acusado complexo de inferioridade, quen sabe...
O Tribunal Constitucional acaba de demostrarnos, por se non o sabiamos, que a Constitución Española é un cárcere para nacións, linguas e suxeitos políticos. E dos cárceres, os presos tenden a querer marchar. De dúas únicas maneiras: ou ben mediante fuga, ou ben mediante redución de pena, que vén a ser unha modalidade de pacto.
Cando o Estado non admite a posibilidade do pacto, só queda a fuxida. O dereito a abandonar é en calquera caso irrenunciable.
Só nas decisións libres pode encontrarse expresión democrática. E en democracia, a lei ten que someterse á vontade popular, non ao revés.
Antón Dobao. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.
7 comentaris:
Hola Zel, quant temps sense deixar cap comentari al teu blog.
Estic totalment d'acord amb el "galleguiño", però nosaltres a la nostra, que no necessitem a ningú, que els vascs, per salvar el seu concert econòmic, més d'un cop ens han deixar a l'estacada.
M'alegra pensaerr que no estem sols... a vegades sembla que sí!
Però com diu Vitalis... nosaltes a la nostra, tot i que la nostra està de moment desintegrada...
VOLS DIR?.....DONCS JO VEIG A CATALUNYA CADA DIA MES SOLA,I ENVOLTADA DE TRAIDORS. SEGUIREM FENT VIA,ESCLAR QUE SI SENSA GRANS "TIMONELS",AFORTUNADAMENT,PERO DOS O TRES DE "PETITETS".....
JUGANT AMB BCN.
Zel, te respondo en tu blog.
Gracias por venir a caer por mi página y por tomarte la molestia de haber leído el post. Me complace que lo difundas aquí. Por supuesto, aquella República da Multitude está a tu disposición para lo que necesites. Yo me haré también lector de tu ARA MATEIX.
Aunque a veces parezca imposible, aunque en ocasiones los gallegos parezcamos invisibles, hay mucho de la historia de nuestros pueblos que nos han unido y nos seguirán uniendo. Por lo menos así pensamos unos cuantos en Galicia.
Gracias y un abrazo fuerte.
no estem sols, perquè la raó ens assisteix, no hem de defallir davant la propaganda esbiaixada del nacionalisme espanyol, transvestit a il·lusoris projectes d'esquerranosos universalistes i de feixistes irredempts. Hem de continuar, ni que sigui només perquè així ja no podem seguir, amb tossuderia, com el nostre ruc. Gràcies pel text :)
Ara m'has emocionat amb el Dobao. No sé que té aquest home però des que el vaig descobrir que s'ha convertit en el meu primer referent.
Sols o acompanyats, els primers que ens ho hem de creure som nosaltres. Ningú ens regalarà res. Només quan a Europa vegin que tenim la voluntat de ser un Estat ens donaran el seu ple suport.
Publica un comentari a l'entrada